Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello apura as xestións para a...

XUNTANZA EN MADRID

O Concello apura as xestións para a posible construcción dun campo de golf

Venres 4 de novembro do 2005

A representación do goberno municipal presentou un informe urbanístico sobre a área na que se podería emplaza-lo campo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou ao respecto que "seguimos traballando para que Carballo conte cun campo de golf en colaboración coa Federación Española de Golf. Na xuntanza falamos de cómo se pode chegar a conseguir, profundizando nos modelos de superficie, ubicación e xestión. Agora temos que encargar un estudio de viabilidade, para o que xa nos facilitaron os contactos pertinentes para facer un estudio deste tipo". Evencio Ferrero engadiu que "o que si é verdade e que unha instalación deste tipo suporá un polo de atracción para xente que hoxe non ten motivación por visitar Carballo. O proxecto pódese concebir, entre outras cousas, como una forma de adhesión de visitantes á nosa vila". A xornada de onte foi aproveitada polos representantes do goberno municipal para visita-las instalacións da Federación Española de Golf e comprobar in situ o funcionamento e necesidade dun campo de golf.

Compartir: