Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha un Banco de Tempo en...

IGUALDADE E BENESTAR

O Concello pon en marcha un Banco de Tempo en colaboración coa asociación Mulleralia

Luns 23 de febreiro do 2009

Para participar, quen queira ser usuario ou usuaria debe expoñer as súas ofertas e demandas de tempo, que pasarán a unha base de datos confidencial que xestiona a Consellería de Traballo. Cada participante posuirá un talonario que contabiliza unha hora por cada servizo prestado. A asociación Mulleralia será a encargada de poñer en contacto aos demandantes de tempo e tamén de xestionar posibles intercambios grupais, como cursos de formación. Deste xeito é posible, por exemplo, recibir clases de inglés a cambio de ofrecer clases de cociña sen que exista ningún intercambio monetario, senón do tempo dispoñible.

Polo momento só hai mulleres apuntadas no Banco, polo que Mulleralia quere animar tamén aos homes a participar, xa que non é unha actividade dirixida en exclusiva para as femias. O acordo entre o Concello e Mulleralia ten unha vixencia de tres anos. A administración local actúa como promotor da iniciativa e proporciona o local, mentres que a asociación xestiona os gastos de persoal e supervisa o correcto funcionamento do Banco. Así mesmo, Mulleralia vén de integrarse recentemente na Rede Galega de Acompañamento ás Vítimas de Violencia de Xénero para desenvolver en Carballo o programa autonómico Rodela desenvolvido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Compartir: