Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello lembra que as sancións por...

SERVIZOS E MEDIO AMBIENTE

O Concello lembra que as sancións por depositar voluminosos na rúa pode chegar a 500 euros

Xoves 19 de febreiro do 2009

O Punto Limpo Móbil funciona cada primeiro martes de mes. Para desfacerse destes residuos chamados voluminosos a través deste servizo, hai que chamar previamente, alomenos con 24 horas de antelación, ao 981 701 642. Un vehículo desprázase ata o domicilio da persoa que queira desfacerse dos residuos e o traslada ao Punto Limpo do polígono de Bértoa. Estes restos tamén poden levarse voluntariamente ata o propio Punto Limpo, que está aberto os martes, xoves e sábados de 10:00 a 13:00 horas.

No Punto Limpo de Carballo poden depositarse os residuos perigosos do fogar, como o aceite de cociña usado, os electrodomésticos, voluminosos ou calquera outro tipo de lixo, agás a materia orgánica. Nel existen colectores específicos para mobles vellos, electrodomésticos, roupa, pneumáticos, radiografías ou cascallos procedentes de pequenas obras. En resumo, o Punto Limpo funciona como lugar de recollida de todos aqueles obxectos ou materiais non orgánicos que a cidadanía non sabe onde depositar.

Así mesmo, dende as concellarías de Servizos de Medio Ambiente queren lembrar a normativa básica para a recollida e xestión do lixo. Os residuos orgánicos só deben depositarse no colector entre as 19:00 e as 22:00 horas da tarde, sempre nunha bolsa pechada, e de luns a sábado. A ordenanza prohíbe baixar o lixo en domingo. Tamén está operativa a recollida de cartón pregado a pé de porta tódolos luns, mércores e venres ás 20.00 horas. Os envases, o vidro ou o papel poden depositarse nos colectores axeitados a calquera hora.

Compartir: