Inicio Carballo ao día Hemeroteca A maxia dos feitizos e o teatro para bebés...

CULTURA

A maxia dos feitizos e o teatro para bebés centran o programa dos Venres Culturais

Xoves 12 de febreiro do 2009

O venres, 'Feitizo' pretende facer un percorrido polos diferentes estilos da arte da ilusión, trasladando ao espectador a un mundo máxico. Martín Camiña é un mago pontevedrés que conta cunha ampla experiencia profesional no mundo do ilusionismo e ten sido premiado por varias federacións nacionais e internacionais. Este espectáculo comeza ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. O prezo da entrada é de 2,5 euros, e reducido de 2 euros.

O domingo, os bebés de 0 a 3 anos teñen unha cita con Katarsis e 'Pacama' (na imaxe), unha representación na que os pequenos e inxenuos xogos de dous amigos antes de ir durmir descubriranlles un mundo de aventuras oculto no ambiente que os rodea nun espectáculo non verbal. Katarsis é unha compañía coruñesa creada no ano 2006 que ofrece actividades educativas para o público infantil e familiar. Este espectáculo comezará ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. O prezo da entrada é de 2,5 euros e reducido de 2 euros.

Para reservar as entradas os interesados e interesadas en acudir aos Venres Culturais poden chamar ao teléfono 981 704 300 ou adquirir os tickets o mesmo día dos espectáculos na taquilla do Pazo da Cultura dende dúas horas antes das representacións.

Compartir: