Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza unha sesión...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello organiza unha sesión informativa sobre o proceso de adxudicación de parcelas no parque empresarial de Bértoa

Luns 9 de febreiro do 2009

Hai que lembrar que está en marcha o concurso para a adxudicación de parcelas da primeira fase de ampliación -de 718.482 metros cadrados- do polígono de Bértoa. Os terreos, propiedade de Xestur, están divididos en 147 parcelas con superficies que van dende os 600 metros cadrados e os 57.000 euros de prezo, ata os 32.000 metros e máis de dous millóns de euros de prezo (sen IVE). O uso destas parcelas será industrial de primeira, industrial ou terciario, sendo a maioría para uso industrial e o seu tamaño medio de entre 2.000 e 4.000 metros cadrados. Os interesados en presentar as solicitudes para este primeiro concurso de adxudicación poden facelo ata o próximo 13 de febreiro nas oficinas de Xestur.

Á hora de formalizar as adxudicacións, valorarase o interese da actividade que se desenvolverá no polígono industrial, tendo en conta o investimento previsto e o número de postos de traballo que se van crear. Terá repercusión positiva que se trate dunha empresa de nova creación ou de interese social, con prioridade se está dirixida por mulleres ou menores de 35 anos. Así mesmo, Xestur terá en conta a conveniencia do traslado da empresa dende a súa situación actual e aquelas propostas que conten con subvencións do Igape, o Plan Leader ou iniciativas similares. O concurso tamén valora se se trata de empresas que incrementan o seu ciclo produtivo co traslado ou se suporá o relanzamento dunha industria xa asentada. Por último, terase en conta se o licitador pretende adquirir máis dunha parcela.

Compartir: