Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello recibe ao piloto carballés Fran...

DEPORTE

O Concello recibe ao piloto carballés Fran Gómez Pallas coma homenaxe pola súa andaina no Dakar

Venres 6 de febreiro do 2009

Fran Gómez asegura que esta foi a edición máis dura de todas. A pesares de que afirma que as etapas son menos solitarias que en África, tamén explica que os percorridos son moito máis complicados "entre as dunas máis altas do mundo de ata dous quilómetros e medio de altura". Comenta que nalgunha das etapas ata 30 ou 40 motos quedaron fóra a causa da area, e que nos Andes o mal de altura foi motivo de moitos abandonos.

Poren, despois dos 15 tramos, explica que está "contento de chegar ata o final", incluso cunha forte lesión na man despois dunha caída na quinta etapa, e engade que as paisaxes son "espectaculares" e para desfrutar. Respecto a unha nova participación o ano que vén, afirma que nas condicións deste Dakar -sen mecánico, case sen durmir e sen o apoio dun equipo- non cre que se anime, aínda que nunca se sabe. Polo de pronto, amósase satisfeito e premiou aos seus patrocinadores cun pequeno agasallo por colaborar na súa aventura.

Compartir: