Inicio Carballo ao día Hemeroteca O cónsul do Uruguai atende os...

ASESORAMENTO A INMIGRANTES

O cónsul do Uruguai atende os cidadáns residentes en Carballo

Venres 4 de novembro do 2005

A visita do cónsul vénse facendo periodicamente dende o pasado mes de maio. En Carballo o número de cidadáns residentes nacidos no Uruguai supera as cincocentas persoas. O consulado ofrécelle aos interesados un servizo de asesoramento xurídico, sobre contratos, permisos de residencia, visados e información en xeral sobre calquera outro tipo de xestión consular. A corporación municipal, co obxectivo de garantir ese servizo, habilita unha das salas do Pazo da Cultura para que o cónsul poida solucionar estas xestións en Carballo.

Compartir: