Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos da segunda fase para a...

OBRAS

Principian os traballos da segunda fase para a dotación de beirarrúas en Vivente

Xoves 5 de febreiro do 2009

A actuación -que supón a segunda fase para a implantación de beirarrúas en Ardaña- inclúe a construción de beirarrúas da marxe esquerda da vía, mentres que está previsto que a marxe dereita inclúa a instalación dunha rede de saneamento. O proxecto recolle así mesmo a colocación dunha rede de pluviais e de auga, así como o afirmado da vía cunha capa de rodadura e a construción dun muro de separación.

Os traballos desenvolveranse nunha lonxitude de 827 metros lineais, cun ancho de beirarrúa de metro e medio. O groso das obras repartirase entre a realización do movemento de terras e a condución, con dous meses, e a creación das beirarrúas, con outros dous meses, aproximadamente. O resto do programa de execución destinarase á instalación da rede de auga, ao afirmado e á dotación da capa de rodadura e a sinalización correspondente.

Compartir: