Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas obras de saneamentos en Sofán...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas obras de saneamentos en Sofán e Cances por un importe de 120.000 euros

Luns 2 de febreiro do 2009

Así mesmo, no apartado de saneamentos, a Xunta de Goberno deu luz verde aos expedientes de contratación para tres proxectos máis: a 'Rede de saneamento en Xoane, 2ª fase, parroquia de Goiáns'; a 'Rede de saneamento en Añón, 3ª fase, parroquia de Berdillo'; e a 'Rede de saneamento en Paradela, 3ª fase, parroquia de Sofán'. Estas tres actuacións están incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) adicional. No que respecta ás adxudicacións definitivas, saiu adiante a do programa Concilia de protección, vixilancia e almorzo para os escolares dos centros de ensino públicos e de educación primaria do Concello.

No apartado urbanístico, o goberno aprobou o proxecto de equidistribución do polígono da avenida de Razo despois de que non se presentaran alegacións durante o período de exposición pública. Mediante este acordo, o Concello obtén de xeito gratuíto e libre de cargas unha parcela de 260 metros cadrados e outra de 1.363 metros cadrados correspondente ao sistema viario. Por último, procedeuse á reparcelación do polígono 9, situado no centro carballés no entorno das rúas Álvarez de Sotomayor e Gravador Manuel Facal. Tamén recibiron luz verde doce novos vaos permanentes.

Compartir: