Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita a recuperación e posta...

SESIÓN PLENARIA

O Concello solicita a recuperación e posta en valor do Refuxio de Pescadores de Bértoa

Mércores 28 de xaneiro do 2009

Na proposta, realizada inicialmente polo grupo de Terra Galega, tamén se propón á Consellería de Medio Ambiente a subscrición dun convenio de uso co Concello de Carballo, aínda que no futuro o refuxio poida seguir dependendo da administración autonómica. Por último, está previsto o estudo da axeitada clasificación do ámbito do refuxio dentro do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que se está redactando nestes momentos.

Así mesmo, e en virtude do acordo, recóllese a posibilidade de ampliar o refuxio coa intención de conectalo co Muíño da Cheda (na imaxe) mediante un Sistema Xeral de Espazos Libres, recuperándose así unha das sendas habituais realizada tradicionalmente polos visitantes da zona. O obxectivo é a rehabilitación dun espazo natural senlleiro para o uso e desfrute dos veciños e veciñas de Carballo.

Compartir: