Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello remitirá a Industria, Fenosa e...

SUMINISTRO ELÉCTRICO

O Concello remitirá a Industria, Fenosa e Udesa os últimos fallos no suministro

Xoves 3 de novembro do 2005

As parroquias de Berdillo, Artes, Sofán e Aldemunde foron as afectadas polo corte de suministro, que se prolongou en algúns lugares ata as nove da noite. Outras zonas recuperaron a electricidade ás seis e media da tarde. O Concello ten coñecemento da existencia dun proxecto de reforma nesa zona, que intentará axilizar ante as autoridades competentes para evitar cortes no suministro como o do pasado martes. Non foi esta, por certo, a única incidencia dese tipo detectada nese día. A falta de suministro afectou tamén ó casco urbano, debido á caida dun poste na Milagrosa, e á parroquia de Bertoa, debido o desplazamento dun poste. Os cortes no suministro nestas zonas prolongáronse por espazo de case dúas horas. Diversos lugares de Rus tamén padeceron cortes no suministro durante esa xornada. O Concello porá en coñecemento de Industria, Fenosa e Udesa os fallos detectados o pasado martes, coa intención de mellora-las prestacións do servicio no municipio.

Corte esta mañá

Esta mañá, ademáis, houbo un corte no suministro eléctrico en Carballo, ás dez da mañán, que se prolongou por espazo de dez minutos. Segundo informou Unión Fenosa ó Concello de Carballo, o corte debeuse á reposición dun equipo.

Compartir: