Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concedidas as subvencións a varias...

XUNTA DE GOBERNO

Concedidas as subvencións a varias asociacións do municipio

Mércores 2 de novembro do 2005

O acordo supón a concesión de 40 subvencións por un importe total de 21.481 euros. As entidades perceptoras das subvencións están obrigadas a presentar, no prazo máximo dun mes despois da realización da actividade subvencionada, e sempre e cando se realice con anterioridade a esta data -antes do 20 de novembro- a xustificación da subvención con facturas correspondentes á actividade subvencionada, así como unha memoria das actividades realizadas e dos gastos e ingresos correspondentes, segundo o modelo que proporcionará o Concello.

Vaos permanentes

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademais, a autorización de dez novos vados permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vados irregulares nas vías urbanas de Carballo iniciada polo Concello a comezos do mes de setembro. As novas licenzas de vado permanente correspóndense coas rúas Río Miño, Vila de Noia, Vila de Arousa, Baixa, Muíño, Arxentina, Montevideo, Ponte da Pedra e Brasil.

Compartir: