Inicio Carballo ao día Hemeroteca A poesía de 'No bico un cantar'...

CULTURA

A poesía de 'No bico un cantar' e os 'Sons de aquí' constitúen a oferta do 'Novembro con música 08' para esta fin de semana

Xoves 20 de novembro do 2008

'No bico un cantar' é un recital poético que recolle cancións baseadas en poemas do recoñecido autor galego Curros Enríquez, coincidindo ademais que este ano é o centenario do pasamento deste escritor. A segunda parte da actuación da agrupación consiste nunha mostra do teatro musical español, expresada en romanzas e dúos.

A Agrupación Lírica Ofelia Nieto fundouse no ano 1996 coa intención de dar unha oportunidade á importante xeración de xoves cantantes que se forman no Conservatorio da Coruña, baixo a dirección de Antón de Santiago. Nesta ocasión, estarán presentes a mezzosoprano Maria José Ladra, o tenor Pablo Carballido, o barítono Antón de Santiago e o pianista Alexis Díez.

O sábado 22 chega en cambio a aposta máis tradicional. A Banda de Gaitas Municipal de Carballo, as Cantareiras Xoldreira, o Grupo de Gaiteiros de San Cristovo, as Cantareiras Trullada, as Cantareiras Névedas e as Cantareiras e Cantareiros de Arume únense nun festival de 'Sons de aquí', de música de sempre feita en Carballo e que contribúe á conservación do repertorio local.

Compartir: