Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello colabora no seminario...

FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello colabora no seminario 'Atrévete a innovar' destinado a mellorar a produtividade e competitividade das empresas

Xoves 20 de novembro do 2008

Hai que subliñar que a asistencia é de balde. O único requisito é solicitar previamente a inscrición no obradoiro contactando coa organización -a entidade Proxectos, consultoría e formación- no teléfono 981 36 40 46, no fax 981 35 98 75, ou enviando unha mensaxe solicitando información ao correo electrónico: atreveteainnovar@proxectos.com. Entre outros asuntos, está previsto falar nesta xornada da aplicación de conceptos de innovación a casos prácticos ou facilitar as ferramentas necesarias para superar as dificultades do proceso innovador.

O seminario está dividido en dous módulos, A e B. No Módulo A os puntos principais refírense ás motivacións para innovar, ás posibilidades de financiamento e de incentivos fiscais, ás barreiras que se poden atopar e aos programas existentes de I+D+i. No Módulo B faise fincapé na importancia da colaboración para innovar, da aplicación das novas tecnoloxías e estúdianse casos prácticos de empresas innovadoras. Nesta actividade, ademais do Concello de Carballo, colaboran a Consellería de Innovación, o In.ci.te (Innovación, Ciencia e Tecnoloxía), o Servizo Galego de Propiedade Industrial e a Sociedade Portuguesa de Inovaçao.

Compartir: