Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Feira das Asociacións, a...

25 DE NOVEMBRO

A Feira das Asociacións, a sensibilización e a prevención contra a violencia centran os actos con motivo do 25 de novembro

Mércores 19 de novembro do 2008

As actividades contan, así mesmo, coa colaboración da Vicepresidencia da Xunta, que asistirá por primeira vez á Feira das Asociacións cun stand da Oficina de I+B (Igualdade e Benestar) de Carballo. En canto á faciana artística dos actos, nas rúas Coruña e Hórreo poderán observarse ata finais de novembro os traballos de oito artistas carballeses que pretenden sensibilizar contra a violencia de xénero. Son Adriana Suárez, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Alberto Gende, Alberto Varela, Antonio Reino, Ana García Suárez e Betina Rodríguez.

Seguindo coa arte, neste caso coa escea, o domingo 23 de novembro Teatro do Atlántico representa no Pazo da Cultura 'Unha primavera para Aldara' a partir das 20.00 horas, una obra para maiores de 13 anos. O prezo da entrada é de 2,5 euros. Por último, para pechar as actividades, os rapaces de 5º de Primaria dos colexios Fogar, Cristina, San Luis Romero e Bergantiños recibirán obradoiros sobre violencia de xénero entre o 24 e o 28 de novembro. As actividades céntranse especialmente en fomentar condutas de prevención.

Así mesmo, durante a Feira das Asociacións haberá un reparto masivo de lazos brancos entre os veciños e veciñas para implicar á poboación e está prevista a lectura da Declaración institucional do Concello de Carballo ao abeiro do 25 de novembro. Todo para chegar a un "mundo máis xusto e máis igual, o que non é posible se hai un intento de dominio duns sobre outros", segundo subliñou Evencio Ferrero durante a presentación do completo programa de actos.

Compartir: