Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha cuadrilla de Aspaber limpa as marxes do...

CARBALLO LIMPO

Unha cuadrilla de Aspaber limpa as marxes do Paseo do Anllóns no seu tramo de Bértoa ao Muíño do Quinto

Martes 18 de novembro do 2008

Os integrantes de Aspaber comezaron cos traballos o luns 17 de novembro e están a piques de rematar coa actuación nesa zona. O obxectivo destes labores, segundo subliñou o Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, e despexar as marxes do paseo, restaurando a zona para os camiñantes e así deixar o espazo habilitado de cara ao Nadal.

Esta actuación está incluída dentro do programa de mantemento de espazos públicos da iniciativa Carballo Limpo, que inclúe o desenvolvemento doutras actuacións como a limpeza periódica da rede viaria do municipio ou a limpeza e desbroce dos solares no casco urbano, que nalgúns casos tamén se está levando a cabo nestes intres.

Compartir: