Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza unha Xornada sobre os...

28 DE NOVEMBRO

O Concello organiza unha Xornada sobre os desafíos e influenzas dos movementos migratorios

Martes 18 de novembro do 2008

Esta actividade está dirixida a calquera veciño ou veciña interesado en asistir, con especial atención ás asociacións e entidades do municipio ou aos centros de ensino. A organización entregará un diploma acreditativo de asistencia. A inscrición é de balde e pode realizarse a través dun formulario que se pode obter e entregar no departamento de Servizos Sociais situado na pranta baixa do Concello de Carballo. Tamén enviando o formulario por Fax ao número 981 702 507. E por último a través do Servizo Carballo PortaAberta da páxina web do Concello.

Está previsto que interveñan expertos na materia como o Responsable do Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega (CIG), Xurxo Martínez Crespo; o emigrante, licenciado en Dereito e Secretario do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Manuel Suárez Suárez; o directivo da Asociación de Emigrantes retornados Maruxía, Manuel Domínguez Rial; ou Iria Vázquez Silva, Licenciada en Socioloxía e colaboradora do Equipo Socioloxía das Migracións (Esomi), entre outros invitados.

Compartir: