Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza as I Xornadas Carballo...

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Concello organiza as I Xornadas Carballo PortaAberta sobre novas tecnoloxías

Luns 17 de novembro do 2008

Así, dende o luns 17 de novembro está aberto o prazo de inscrición. No caso das Olimpiadas, os carballeses e carballesas poden anotarse e obter máis información contactando co Telecentro situado no segundo andar do Pazo da Cultura. O obxectivo desta actividade céntrase na aprendizaxe da informática a través de divertidas probas nas que tamén se afonda no coñecemento do Concello carballés.

No caso das I Xornadas de Administración Electrónica, a inscrición pode formalizarse a través da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local no teléfono 981 757 693. Durante esta actividade haberá unha serie de ponencias adicadas aos servizos de administración dixital, especialmente do Concello de Carballo, ademais de aos proxectos de futuro. En breve, os interesados e interesadas poderán dispoñer a maiores nesta web do folleto informativo e dos formularios de inscrición.

Compartir: