Inicio Carballo ao día Hemeroteca O 'Novembro con música' ofrece...

CULTURA

O 'Novembro con música' ofrece unha completa programación centrada na Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia

Venres 14 de novembro do 2008

A oferta arrinca o venres 14 coa Orquestra de Cámara da Sinfónica. Baixo a dirección artística do italiano Massimo Spadano, esta agrupación camerística nútrese de músicos do conxunto sinfónico galego, que en ocasións actúan como solistas nos seus concertos. A Orquestra de Cámara céntrase, sobre todo, na música do Barroco e do Clasicismo, sen esquecer o Romanticismo e a música do século XX. Este concerto comeza ás 21.00 horas no Pazo da Cultura, a entrada é gratuíta -previa invitación- e está patrocinado pola Fundación Caixa Galicia.

O mesmo venres, o pop-rock chega ata Cances, neste caso no Local Social da parroquia, co festival 'Live in Cances'. Esta cita é un verdadeiro escaparate para os grupos locais, que ofrecerán boa parte do seu repertorio a partir das 22.00 horas. O programa volta o sábado ao Pazo da Cultura co Festival de Corais, ás 21.00 horas. E o domingo, principian os Concertos-En familia, dirixidos a nenos e nenas, neste caso co patrocinio da Deputación da Coruña. O grupo Krekes Ensemble' representa 'O poliño feo'.

Compartir: