Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e a Cámara de Comercio...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello e a Cámara de Comercio colaboran para mellorar os sectores turístico e empresarial da área de influencia de Carballo

Venres 14 de novembro do 2008

O Alcalde carballés fixo fincapé na necesidade de que as entidades colaboren para "poñer en marcha iniciativas en todo o territorio e superar feitos como que a construción sexa un ámbito que supón o 25 por cento do sector produtivo da Costa da Morte". O tecido empresarial e o sector turístico son dúas pezas clave para superar esa circunstancia, e os estudos realizados pola Cámara arroxan que ámbolos dous ámbitos precisan afrontar retos de futuro.

Nos dous casos, as malas comunicacións viarias e as deficiencias no transporte ou a falta de colaboración e asociacionismo son algúns dos lastres existentes, así como a falta de profesionalización. Entre as fortalezas, no turismo destacan os prezos competitivos ou o excelente turismo gastronómico, así como a presenza da marca Costa da Morte. O tecido empresarial, en cambio, debe fortalecer os seus mecanismos de cooperación e establecer ferramentas que permitan a planificación integral do territorio. Son só algunhas das claves ofrecidas nunha presentación na que tamén estivo a Vicepresidenta da Cámara de Comercio, María del Carmen Navarro, ou o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín.

Compartir: