Inicio Carballo ao día Hemeroteca O centro de Aspaber acolle o I Encontro do...

A CITA É O SÁBADO 15 DE NOVEMBRO

O centro de Aspaber acolle o I Encontro do Asociacionismo en Carballo

Venres 14 de novembro do 2008

O encontro comezou a configurarse a partir dunha xuntanza entre asociacións mantida o día 11 de outubro deste ano. Aspaber será a entidade anfitriona e presentará a súa páxina web. A Cruz Vermella presentará a súa experiencia cun Centro de Desenvolvemento Asociativo, explicará os seus obxectivos e funcións. Todo isto para amosar unha experiencia práctica de traballo entre asociacións na Costa da Morte.

Para finalizar as xornadas e co obxectivo de propiciar a participación e o compromiso para continuar e desenvolver accións comúns, o psicólogo Jorge Guerrero, profesor de Recursos Humanos no terceiro sector e experto en asociacionismo, coordinará un pequeno obradoiro de traballo colaborativo para proxectos comúns entre asociacións, o traballo en rede e os pasos para procurar un futuro común entre entidades.

Compartir: