Inicio Carballo ao día Hemeroteca A piscina Carballo Calero xa contribúe ao...

ENERXÍAS RENOVABLES

A piscina Carballo Calero xa contribúe ao aforro enerxético coa entrada en funcionamento dos paneis solares

Xoves 13 de novembro do 2008

Os traballos para a dotación dos paneis comezaron o pasado mes de agosto trala adxudicación á empresa Clece SA por un importe de 142.407 euros, unha cantidade aportada polo Concello de Carballo coa axuda do Inega (Instituto Enerxético de Galicia). Os paneis solares colaborarán no subministro enerxético, aínda que tamén se conserva a caldeira actual, que servirá para cubrir os baleiros nos días en que a enerxía solar non sexa suficiente para a posta en marcha das instalacións.

A implantación dun sistema de enerxía solar térmica na piscina Carballo Calero forma parte dun plan global do Goberno local para o aforro enerxético, no que están incluídas outras medidas como a inclusión do municipio na Rede de Concellos Sustentables ou a proposta do proxecto Temunde de enerxías renovables para o barrio da Milagrosa.

Compartir: