Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo presenta no Pazo da Cultura o programa...

SERVIZOS SOCIAIS

Carballo presenta no Pazo da Cultura o programa 'Rodela' de acompañamento ás vítimas de violencia de xénero

Mércores 12 de novembro do 2008

Así, 'Rodela' constitúe un programa de voluntariado específico destinado a acompañar ás vítimas da violencia machista e que pretende implicar a toda a cidadanía na loita contra a violencia de xénero. A iniciativa está dirixida a entidades de concellos de máis de 30.000 habitantes que desexen desenvolver labores de voluntariado; que teñan persoas asociadas dispostas a formarse en xénero e novas tecnoloxías; e que queiran ser axentes colaboradores na mellor atención integral e recuperación das mulleres e crianzas que sofren violencia de xénero.

As voluntarias e voluntarios das entidades configuran a primeira Rede Galega de Acompañamento ás Vítimas de Violencia de Xénero. Entre os labores concretos que desenvolven está o apoio ás vítimas para que rompan o círculo de illamento no que se atopan inmersas; acompañalas ás dependencias administrativas, policiais e xudiciais; informar ás mulleres dos recursos sociais existentes; ou traballar na divulgación e sensibilización da sociedade en xeral. A Concellaría de Igualdade do Concello de Carballo invita ás asociacións do municipio e ao público en xeral a que acuda á presentación, que será a partir das 20.00 horas.

Compartir: