Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Filharmonía de Galicia abrirá o...

LECER

A Filharmonía de Galicia abrirá o Novembro con Música

Mércores 26 de outubro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou na presentación a presencia da Real Flilharmonía de Galicia en Carballo, que calificou de "auténtico luxo" para a vila. Evencio Ferrero abondou na necesidade de entablar unha colaboración dinámica coa Consellería de Cultura, necesidade que corroborou o Director Xeral. Luis Bará aludiu ó acto desta mañá como "o inicio dunha colaboración que ten que ser fructífera e prolongada no tempo". Ademáis, fixo fincapé na intención da Consellería de "apostar polo festival Internacional Outono de Teatro, como un gran eveto no panorama galego. Queremos potenciar o Festival e integralo na rede de espectáculos que se desenvolve en Galicia". En relación a actuación da Filharmonía de Galicia e os Monicreques Kukas, Luis Bará comentou que "é un programa pensado para o público familiar e cun formato moi interesante que fideliza as novas xeracións e sirve para transmitir valores culturais ós máis novos. Trátase dun programa moi variado e con temas moi coñecidos".

A entrada ao espectáculo é de balde. As entradas estarán a disposición do público a partires do 28 de outubro e adxudicaranse por orde de chegada. Entregaranse un máximo de dúas entradas por persoa e non haberá servizo de reserva previo. Os menores de 12 anos deben asistir ao concerto acompañados por un adulto.

Lugar de recollida de entradas: Pazo da Cultura (Oficina Concellería de Cultura)
Horarios: De luns a venres de 11,00 h. a 13,00 h.
Luns e mércores de 18,00 h. a 20,30 h.

Compartir: