Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello carballés instala paneis...

MEDIO AMBIENTE

O Concello carballés instala paneis informativos no transcurso do Paseo do Anllóns

Luns 28 de xullo do 2008

En total, son sete paneis situados á beira da corrente entre O Quinto -na parroquia de Carballo- e na Ponte de Bértoa, en toda a lonxitude do paseo. A información céntrase na flora e na fauna que pode observarse en cada un destes sete puntos, intentando aclarar detalles sobre o que se pode ver ao longo da canle fluvial. A instalación destes paneis rematou a semana pasada, e estarán situados de forma permanente para ofrecer o servizo aos veciños e visitantes do Paseo do Anllóns.

Con esta nova medida continúa a posta en valor que o Goberno local está realizando do río Anllóns, que conta na actualidade cunha senda fluvial de preto de catro quilómetros de lonxitude que atravesa o casco urbano a través do Bosque do Añón. Este paseo está dotado con mobiliario urbano e tamén conta con aparatos de ximnasia para maiores ou un parque infantil, ademais dunha zona recreativa.

Compartir: