Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta asumirá a titularidade da estrada...

INFRAESTRUTURAS

A Xunta asumirá a titularidade da estrada entre Carballo e Santiago

Xoves 17 de xullo do 2008

De ser así cumpriríase unha demanda realizada dende hai tempo por parte do goberno local, que espera que no futuro poida acometerse unha mellora integral desta vía, bastante deteriorada e que presenta un trazado que dificulta a circulación. A proposta do Plan de Estradas da Xunta tamén recolle outras modificacións, como a cesión ao Concello carballés do tramo da estrada comarcal AC-552 que atravesa o casco urbano polas rúas Avenida de Bértoa, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Fomento e Avenida de Fisterra. Así mesmo, propón que a Administración Local asuma a titularidade da travesía de Malpica ata o comezo da estrada AC-414, nun treito de 1,3 quilómetros de lonxitude.

Por outra banda, avanzan nestes momentos os trámites para a mellora do último tramo da estrada entre Carballo e Caión, xa que hoxe 17 de xullo -entre as 16.00 e as 17.00 horas-, realízase na casa consistorial o levantamento de actas previas das parcelas que resultarán afectadas polo desenvolvemento das obras. O orzamento estimado para a realización dos traballos superará o millón de euros.

Compartir: