Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza varios obradoiros para...

AULA DE INFORMÁTICA-TELECENTRO

O Concello organiza varios obradoiros para fomentar o uso das novas tecnoloxías

Venres 4 de xullo do 2008

A primeira das actividades terá lugar entre o 7 e o 11 de xullo e dividirase en dous grupos. Trátase dun Obradoiro de Iniciación á Mecanografía, que inclúe a aprendizaxe do manexo do teclado e do rato dun modo básico. Na semana do 14 ao 18 de xullo levarase a cabo unha actividade na que os seus participantes crearán unha pequena revista dixital que eles mesmos xestionarán. O eixo principal da publicación será o Concello de Carballo e a Comarca de Bergantiños.

A seguinte semana, entre o 22 e o 24 de xullo, desenvolverase o cursiño Manexo do móbil para persoas maiores. Esta actividade trata de amosar o uso básico e sinxelo do teléfono móbil a cada un dos participantes. Por último, o mes rematará cun obradoiro para nenos no que aprenderán a debuxar a través do ordenador. Esta actividade levarase a cabo entre o luns 28 e o mércores 30 de xullo.

Para obter máis información ou para realizar as inscricións, os interesados poden chamar ao teléfono 981 704 300, ou ben contactar no correo electrónico <soraya.carballo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu>.

Compartir: