Inicio Carballo ao día Hemeroteca Yllana e Imprebís abren a segunda fin de...

LECER

Yllana e Imprebís abren a segunda fin de semana do Festival Outono de Teatro

Venres 21 de outubro do 2005

Na representación do venres, Yllana e L’Om Imprebís únense para presentar un catágolo de comportamentos aparentemente absurdos pero profundamente "normais" con Monty Python’s Flying Circus. Unha obra que recolle os mellores sketches dos humoristas británicos Monty Phyton, que se deron a coñecer na década dos anos 60 coa televisiva serie Flying Circus. Yllana, a compañía que máis premios do público do FIOT reuniu, rompe con esta obra o seu habitual "silencio" para renderlle unha homenaxe ao grupo que inspirou o seu necemento. Os valencianos de Imprebís presentan unha montaxe totalmente diferente á última coa que estiveron en Carballo, Quijote.

O sábado será o turno de Teatro del Noctámbulo. Tres perdedores, víctimas da súa ambición, son os protagonistas de El búfalo americano, obra do americano David Mamet, un dos máis importantes dramaturgos contemporáneos. A representación é unha boa mostra da súa capacidade para retratar despiadadamente a condición humana. Tres xeracións do teatro extremeño, de longa traxectoria nos escenarios, dan vida ás persoaxes desta obra.
Xa o domingo, un acordeonista desenganado, unha pataca transxénica, e un actor con aspiracións, forman parte do último espectáculo de music-hall e cabaret de Inmo, Historias con y sin bolas. Unha serie de historias reais que o showman franco-alemán desenvolve a través de malabares, máxia e música misturado cunha boa dose de frescura maliciosa e humor. Inmo é un polifacético artista con longo experiencia en toda Europa. Ten participado en moitos festivais de teatro ao longo de todo o mundo así como en películas e series de televisión. Acompaña a Inmo o músico e actor Joan Bellviure.
Outra das actividades paralelas ao festival que comeza é a V edición do Certame de dramatización de monólogos cómicos, que busca promocionar formatos teatrais pouco frecuentes e facilitarlle aos participantes o encontro co público. O venres e o sábado, máis dunha decea de participantes participarán nas semifináis do certame na Cervexería Dublín, a partires das 23.00 horas.

Compartir: