Inicio Carballo ao día Hemeroteca O concerto Rockin inundará a noite do...

PROGRAMA DE FESTAS DO SAN XOÁN 2008

O concerto Rockin inundará a noite do día 20 a praza do Concello do mellor rock & roll

Venres 20 de xuño do 2008

A actuación -de entrada libre- celebrarase na praza do Concello desde as 21.00 horas, momento no que sairán a escena Las Membranas. Esta formación alacantina está integrada por devotos do fuzz, do soul, do twist e -por enriba de todo- dos ritmos máis salvaxes dos anos 50, década na que o rock & roll se converteu nun fenómeno de masas. O seguinte grupo en quentar o ambiente serán Los Coronas, que ofrecerán un repertorio repleto de música surfeira e instrumental.

Pero será a partires da medianoite cando a temperatura musical acade os seus maiores rexistros. Porque máis ou menos a esa hora irrumpirán sobre o escenario os lexendarios The Trashmen, toda unha marca ha historia -con maiúsculas- do rock.

The Trashmen formáronse en Minneapolis (EE.UU.) no ano 1962 coma un carteto que fusionou con grande éxito e orixinalidade os sons propios do rock & roll e da música surf. O seu tema más popular foi -e continúa sendo- 'Surfin' bird', gravado en 1963 e versioneado por multitude de grupos de moi diversas tendencias ata os nosos días. Disolvéronse en 1967, para reunirse novamente a mediados da década dos 80. Tras a morte do seu batería, Steve Wahrer, o grupo voltou retirarse. Pero a finais dos anos 90 recuperaron a actividade.

Os tamén norteamericanos The Neanderthals ofrecerán a proposta máis salvaxe da noite. Caracterizados coma cavernícolas, a súa música é unha mistira de garaxe, rock & roll e blues. O seu líder é Eddi Angel, guitarrista dos Straitjackets. E como fin de festa, The Dirtbombs de Detroit (EE.UU.) presentarán en Carballo o seu último traballo 'We have you surrounded'. A banda ten fortes raíces punk.

A primeira parte do concerto (ata as 23.00 horas) será ofrecida en directo pola Radio Galega, que gravará todo o evento para encher as súas ondas radiofónicas coa mellor música rock do pasado e do presente durante os vindeiros días.

Compartir: