Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os mellores equipos galegos de bádminton...

XVI COPA GALEGA DE BÁDMINTON

Os mellores equipos galegos de bádminton competirán o 14 de xuño en Carballo

Venres 13 de xuño do 2008

Esta cita pretende ser un referente para poder implantar un proxecto de bádminton na comarca bergantiñán e incrementar a afición a este deporte en Carballo, segundo apuntou Rodrigo Sanjurjo. A competición comezará ás 10.00 horas e enfrontará aos sete mellores equipos absolutos de Galicia en categoría masculina, máis ao Club Oviedo, equipo convidado á presente edición da Copa. Pero en categoría feminina tamén competirán os catro mellores equipos da comunidade.

O Club Bádminton Narón defenderá o seu título de campión galego en categoría masculina fronta aos seus rivais más directos, coma o Club da Estrada. No caso das mulleres, o actual equipo campión -A Estrada- causará baixa pola lesión das súas xogadoras máis importantes, polo que -explica Sanjurjo- a competición preséntase moi aberta.

Nos últimas semanas, varios centros educativos de Carballo teñen acollido exhibicións deste deporte para poder poñer en marcha no Concello escolas deportivas desta disciplina. De feito, durante a celebración da Copa repartiranse 10 packs de promoción para os centros escolares que acudan a presenciar a competición. Así mesmo, está previsto o reparto de material deportivo entre os/as asistentes e, así mesmo, a celebración dun sorteo.

Marcos Trigo destacou que un dos obxectivos do seu departamento é a promoción do deporte de base no maior número de modalidades deportivas posible, entre elas o bádminton. Pola súa banda, Evencio Ferrero subliñou que é "enriquecedor ver cómo se van incorporando novas modalidades deportivas á vida municipal". Por último, o Alcalde de Carballo desexou que no futuro "algunha vez a Copa de Galicia sexa gañada por un xogador bergantiñán".

Compartir: