Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde e o Presidente da Deputación...

INFRAESTRUTURAS

O Alcalde e o Presidente da Deputación inaugurarán o Centro Social de Sofán o 13 de xuño

Xoves 12 de xuño do 2008

O Centro Social de Sofán ubícase no centro da parroquia, máis concretamente no lugar do Pereiro, Bolón. Trátase dun espazo multiusos deseñado para acadar o mellor aproveitamento do mesmo, dun lugar de encontro que nace co obxectivo de dotar á parroquia de Sofán e ao seu dinámico movemento asociativo da infraestrutura axeitada para poder desenvolver a súa intensa actividade no eido socio-cultural.

O inmoble dispón de 500 metros cadrados útiles distribuídos en dous andares. Conta con oficinas para as asociacións, con sala de reunións, sala para os maiores, biblioteca, dúas aulas para obradoiros, un espazo multiusos para diversas actividades (ximnasia, baile....,) e un salón de actos con capacidade para 100 persoas.

Ademais, e en aplicación do plan de melloras nos parques que está a desenvolver o Concello de Carballo, tamén se acondicionou o contorno cun parque de xogos infantil e cunha zona de aparcamento. O custe total do proxecto ascendeu ata os 320.000 euros, investimento compartido a partes iguais polo Concello e a Deputación.

Compartir: