Inicio Carballo ao día Hemeroteca Sogama inicia a formación dos...

MEDIO AMBIENTE

Sogama inicia a formación dos veciños e veciñas de Oza que participan no programa de compostaxe

Mércores 11 de xuño do 2008

Esta labor formativa incidirá en aportar toda a información precisa e en educar medioambientalmente ao vecindario para que entendan os beneficios da compostaxe e o programa piloto resulte todo un éxito.

Sogama realizará un seguimiento da elaboración de compost con visitas periódicas a domicilio. As mesmas, ademais de para comprobar a evolución do programa, servirán para continuar a instruír e aconsellar aos usuarios e usuarias do pioneiro programa de compostaxe doméstica no ámbito rural para que, deste xeito, poidan acadar un compost óptimo.

O principal obxetivo desta iniciativa -que é posible gracias á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e Sogama- é reciclar a materia orgánica en orixe, reducindo e minimizando así a produción de residuos. Esta experiencia piloto pretende servir, ademais, para que as persoas que viven no ámbito rural experimenten os importantes beneficios medioambientais e económicos que reporta a compostaxe doméstica.

Compartir: