Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello está a realizar traballos de...

PLAN DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE BEIRARRÚAS

O Concello está a realizar traballos de mantemento en diferentes beirarrúas do casco urbano

Luns 19 de maio do 2008

Lois Lamas informa de que na actualidade a Brigada de Obras está a desenvolver estes traballos nas avenidas da Milagrosa e de Fisterra; así coma nas rúas Xílgaro, Alfredo Brañas e Muíño. E engade que recentemente se realizaron obras de substitución de beirarrúas nas rúas Rosas, Papoula (antiga "Amapola"), Xeranios e Mirtos.

Unha vez que a Brigada de Obras remate as actuacións que está a desenvolver na actualidade dentro do Plan de Conservación e Mantemento de Beirarrúas, éste proseguirá con novos proxectos. Os máis inmediatos, que se acometerán a curto prazo, son a renovación das beirarrúas nas seguintes vías: na marxe esquerda da avenida de Bergantiños, na avenida da Milagrosa (antiga ubicación do Hórreo) e nas rúas San Xosé e San Antonio, entre outras.

Compartir: