Inicio Carballo ao día Hemeroteca O 'III Encontro Nacional Lecer para os Nosos...

TERCEIRA IDADE

O 'III Encontro Nacional Lecer para os Nosos Maiores' celebrarase o 14 de xuño no Carballiño

Luns 12 de maio do 2008

Lourdes Rey agarda que este ano "se supere ou cando menos se iguale" a participación das persoas maiores de Carballo nesta gran cita anual para a terceira idade galega. Na edición do ano pasado, preto de 400 xubilados e xubiladas do municipio bergantiñán acudiron a O Carballiño, onde gozaron dunha intensa e completa xornada de lecer.

O programa do 'III Encontro Nacional Lecer para os Nosos Maiores' voltará incluír actuacións de bandas locais, baile, actividades interactivas de paseo e visita para coñecer a paisaxe e os monumentos, obradoiros para a posta en valor das tradicións, oficios e costumes do patrimonio da nosa terra... ´

As persoas interesadas en apuntarse nesta actividade ou en obter máis informacion sobre a mesma poden facelo en tres puntos do municipio: no departamento de Servizos Sociais, no Pazo da Cultura ou na Residencia de Maiores. Tamén chamando aos teléfonos 981 704 100 ou 981 704 300.

Como en edicións anteriores, participar nesta xornada será gratuíto. O Concello de Carballo ofrecerá un servizo de autobuses polas parroquias a partir das 07.00 horas e polo casco urbano. A última parada será a praza do Concello, lugar do que partirá o convoi ás 07.30 horas.

A Concellería de Terceira Idade informa de que no recinto haberá postos de comida e bebida a prezos económicos, aínda que as persoas que o desexen poderán levar o xantar da casa.

Compartir: