Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello está a limpar os colectores de...

XA REMATOU OS TRABALLOS EN RUS, SOFÁN E LEMA

O Concello está a limpar os colectores de lixo nas parroquias

Venres 18 de abril do 2008

Durante os últimos días xa se remataron os traballos nas parroquias de Rus, Sofán e Lema; mentres que na actualidade estanse a lavar os colectores de lixo de Bértoa. O Concello informa de que en vindeiras datas todos os contedores do rural será sometidos a esta operación de limpeza e mantemento.

Por outra banda e de xeito paralelo, a Concellería de Obras e Servizos continúa coa instalación de soportes nos colectores de lixo. Esta actuación, que implicará a colocación de 249 soportes, executarase en todos os contedores do municipio.

Compartir: