Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo contará cunha unidade do proxecto...

MELLORA DA SAÚDE

Carballo contará cunha unidade do proxecto autonómico 'Concellos Saudables'

Martes 1 de abril do 2008

O proxecto presentado por Carballo foi un dos cinco que resultaron elexidos da provincia da Coruña. O obxectivo primordial do mesmo, como o seu propio epígrafe indica, é contribuir á mellora dos hábitos da cidadanía para que a poboación desfrute dunha maior calidade de vida.

'Carballo saudable' incidirá na promoción da vida sen tabaco, alcohol ou drogas; no fomento duha alimentación equilibrada; no potenciamento de programas de actividade física para todas as idades ou actuacións específicas no eido afectivo e sexual.

O proxecto 'Carballo Saudable' desenvolverase gracias á conxunción de esforzos de catro das áreas do Goberno Local do municipio bergantiñán: Sanidade, Deportes, Educación e Promoción Económica.

Compartir: