Inicio Carballo ao día Hemeroteca A proba de duatlón concitará a...

DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

A proba de duatlón concitará a preto de 100 participantes o domingo en Carballo

Venres 28 de marzo do 2008

A proba foi presentada onte aos medios de comunicación polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e polo concelleiro de Deportes, Marcos Trigo. Tamén participaron no acto o presidente do club Fogar Triatlón Carballo, Antonio Varela e o xerente do Patronato Deportivo Municipal, Francisco García.

Esta competición está organizada polo Patronato Deportivo Municipal e polo clu b Triatlón Carballo. O concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, destaca a importancia de promocionar o deporte en idade escolar "porque fomentar hábitos saudables entre os menores é unha boa aposta de futuro".

Compartir: