Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo garda dous minutos de silencio polo...

REPULSA CONTRA A BARBARIE ETARRA

Carballo garda dous minutos de silencio polo asasinato de Isaías Carrasco

Luns 10 de marzo do 2008

"Esperamos que nunca máis teñamos que amosar a nosa repulsa por un asasinato de ETA". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, deu por rematado hoxe os dous minutos de silencio expresando un desexo compartido por todos os partidos políticos e a cidadanía demócrata do país.

O Concello de Carballo, representando a toda a cidadanía do municipio, quixo rendir hoxe unha homenaxe á lembranza da última vítima da banda terrorista, o ex concelleiro socialista de Mondragón Isaías Carrasco.

Ás 12.00 horas, unha ampla representación da Corporación local carballesa encabezou a concentración silenciosa diante da Casa do Concello, á que se sumaron decenas de cidadáns e cidadás.

Compartir: