Inicio Carballo ao día Hemeroteca Radio Ecca, en colaboración co Concello,...

PROGRAMA FORMATIVO

Radio Ecca, en colaboración co Concello, organiza un curso destinado a mulleres inmigrantes

Venres 29 de febreiro do 2008

As mulleres que participen nesta iniciativa recibirán formación en primeiros auxilios, axuda a domicilio e tamén en técnicas de búsqueda de emprego. O programa dividirase nestes tres módulos e desenvolverase ao longo de 100 horas na sede coruñesa de Radio Ecca Fundación, na rúa Bugallal Marchesi, nº 9 Baixo. .

A periodicidade do curso será dun so día á semana en horario de 19.00 a 21.00 horas. As clases impartiranse na cidade da Coruña nun local aínda por determinar e que dependerá do número de persoas que se inscriban nesta actividade formativa, que será totalmente gratuita.

As clases impartiranse entre os días 12 de marzo e o 17 de xullo os seguintes días: 4 mércores (12,26 de marzo e 2 e 9 de abril) e 13 xoves (17 e 24 de abril e todos os xoves dos meses de maio, xuño e xullo).

Os obxectivos que persegue este programa formativo -subvencionado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociales e por Radio Ecca Fundación- son acadar a integración efectiva na sociedade deste colectivo de mulleres contribuíndo á súa inserción laboral.

As mulleres interesadas en participar neste curso deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais, ubicado na planta baixa do Concello de Carballo ou ben chamando ao número 981 704 706. O horario de atención ao público é o seguinte: todos os luns, mércores e xoves de 9.00 a 13.00 horas. O prazo para inscribirse remata o 7 de marzo, último día no que se aceptarán solicitudes.

Compartir: