Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece...

XORNADA DIDÁCTICA O XOVES, 27 DE FEBREIRO

A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece unha clase maxistral ao alumnado de corda do Conservatorio

Mércores 27 de febreiro do 2008

O obxectivo desta iniciativa é compartir coñecementos en materia de repertorio e técnicas entre o alumnado e os profesores do Conservatorio e os músicos da Orquesta Sinfónica de Galicia. Esta xornada representa unha ocasión única de achegarse ás experiencias musicais a través de intérpretes de recoñecida traxectoria profesional.

Neste ano 2008 a clase maxistral estará dirixida ao alumnado que cursa estudos de corda no Conservatorio de Carballo nas especialidades de violín, viola e violoncello. Os músicos que impartirán esta clase aos preto de 25 alumnos e alumnos serán Alison Dalglish (viola), Vinka Hauser (violín), Benjamin Smith (violín) e Scott Hardy (violoncello).

O repertorio que integrará a xornada didáctica será o seguinte: 'Marcha Radetzki' e 'Pizzicato Polka' (J. Strauss), 'Tango por una cabeza' (C Gardel), J'udas Macabeo' (G.F. Haendel), 'Eine Kleine Nachtmusik' (W.A. Mozart), 'Concerto de Brandemburgo' (J.S. Bach) e un tema de jazz.

A clase -exclusiva para o alumnado do Conservatorio- dará comenzo ás 19.00 horas na aula de Conxunto Instrumental do Pazo da Cultura.

Compartir: