Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Programa Concilia atendeu a 30 menores durante...

CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

O Programa Concilia atendeu a 30 menores durante as vacacións de Entroido

Mércores 13 de febreiro do 2008

Os nenos e nenas que fixeron uso do Programa Concilia durante as vacacións de Entroido recibiron o almorzo e o xantar e participaron nas diferentes actividades que se ofertaron. Entre elas, os obradoiros de manualidades, maquillaxe e disfraces. Os menores tamén puideron desfrutar de xogos e o persoal ao ser cargo realizou en todo momento un seguimento das tarefas escolares.

O feito de que o Concello de Carballo sexa unha das poucas Administracións locais galegas que mantén a vixencia do Programa Concilia durante as vacacións escolares, convertiuno por este motivo en protagonista do espazo ‘A Revista’ da TVG o mércores pasado. Unha unidade móbil da televisión autonómica desprazouse ata as instalacións da empresa Xolda para gravar aos menores previa autorización por escrito dos seus pais e nais.

O Programa Concilia é unha iniciativa que xestiona a Concellería de Igualdade, responsabiliade de Lourdes Rey, e que pretende contribuir á conciliación da vida laboral e familiar dos cidadáns do municipio. Deste xeito, os pais e nais deixan aos seus fillos e fillas no centro de ensino antes do comezo da xornada escolar. Pero tamén durante as vacacións, xa que o programa estivo activo tanto no Nadal coma no Entroido.

Compartir: