Inicio Carballo ao día Hemeroteca Evencio Ferrero e José Antonio Viña...

VOLVERÁN A REUNIRSE NAS PRÓXIMAS SEMANAS

Evencio Ferrero e José Antonio Viña reuníronse co delegado provincial de Política Territorial

Sábado 3 de novembro do 2007

No transcurso desta reunión, Evencio Ferrero, José Antonio Viña e Alberto González Pérez abordaron algúns dos temas que afectan ás competencias que a Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ten no Concello de Carballo, tratando de xeito especial todo o relacionado coas travesías, tanto no que atinxe á travesía principal da cidade como no que ten que ver coa de Malpica.

Evencio Ferrero, José Antonio Viña e Alberto González Pérez achegaron posturas de cara a un próximo arranxo destas vías.

Coa finalidade de poder concretar e profundizar máis nestes asuntos está previsto que os tres interlocutores fixen unha nova data para reunirse nas vindeiras semanas.

Compartir: