Inicio Carballo ao día Hemeroteca A brigada municipal de obras repón os...

OS CEMITERIOS DISPORÁN NOS PRÓXIMOS DÍAS DUNHA CANTIDADE MAIOR DE COLECTORES

A brigada municipal de obras repón os contedores de lixo despois de arranxalos

Luns 29 de outubro do 2007

Os contedores recollidos polos traballadores da brigada de obras presentaban unha serie de deficiencias (suciedade, rodas e tapas en mal estado...) que era necesario atallar para un correcto uso destes colectores tanto por parte dos usuarios como do propio servizo de recollida, así como para evitar outros problemas molestos para o conxunto da cidadanía (desprendemento de malos olores, caídas...).Reforzamento nos cemiteriosA maiores nos vindeiros días, e coa finalidade de evitar a aglomeración de restos fóra destes colectores nos cemiterios pola proximidade do Día de Defuntos, o Concello de Carballo ampliará o número de contenedores de lixo nos cemiterios do municipio.

Compartir: