Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle este sábado o IV...

SÁBADO 27 ÁS 17:30 HORAS NA PISCINA ZONA DE BERGANTIÑOS

Carballo acolle este sábado o IV Campionato Galego de Longa Distancia-Piscina

Xoves 25 de outubro do 2007

As probas pertencentes a este IV Campionato Galego de Longa Distancia-Piscina, organizado polo Club Fogar Natación Carballo e a Federación Galega de Natación, celebraranse ás 17:30 horas deste sábado e nelas van competir o Club de Natación Pabellón Ourense, Club de Natación Coruña Banco Gallego, Club del Mar San Amaro, Club Fogar Natación Carballo, Club de Natación Ribeira, Club de Natación Cedeira-Muebles García e o Club de Natación Galaico Sercoysa, que xuntos achegarán un total de 24 competidores/as, 12 para a categoría masculina e 12 para a feminina.

Ao remate desta competición, cuxa posta en marcha tamén conta coa colaboración do Concello de Carballo a través do Padroado Deportivo Municipal e da Dirección Xeral para o Deporte, entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías e un trofeo ao club clasificado en primeiro lugar na categoría conxunta como campión galego do campionato de longa distancia.

Ao remate desta proba entregaranse tamén os trofeos aos vencedores do IV Circuíto de Augas Abertas Travesías 2007, que foron Susana Lorenzo Pego e Iván Brión Sampedro, ambos os dous do Club Natación Ribeira.

Podes descargar aquí a normativa e o listado definitivo de participantes deste IV Campionato Galego de Longa Distancia-Piscina.

Compartir: