Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo e Laracha inician os contactos para...

O PRÓXIMO PASO SERÁ A CONSTITUCIÓN DUNHA COMISIÓN DE TRABALLO

Carballo e Laracha inician os contactos para definir os seus lindes territoriais

Mércores 24 de outubro do 2007

Na xuntanza desta mañá estiveron presentes os rexedores dos dous concellos, Evencio Ferrero e José Manuel López Varela, os seus tenentes alcalde, José Antonio Viña e Ramón Martínez Barbeito e tamén os secretarios dos dous municipios, que iniaron con esta reunión o proceso de deslinde que culminará co establecemento nun documento oficial que recolla os límites exactos entre Carballo e A Laracha. Para chegar a el, na sesión desta mañá acordouse a constitución dunha comisión de traballo na que estarán representados, en cada un dos dous casos, os diferentes grupos municipais, técnicos dos dous concellos e para a que se procurará tamén a presenza de xente maior que coñeza a colocación dos antigos marcos de división.

No concello de Carballo este proceso afecta ás parroquias de Sofán, Berdillo, Bertoa, Noicela e Vilela.

Compartir: