Inicio Carballo ao día Hemeroteca A brigada de Medio Ambiente traballa estes...

ESTANSE ACONDICIONANDO AS FONTES-LAVADOIRO DE RAMIL, O PICHÓN E ESTEVES

A brigada de Medio Ambiente traballa estes días en Rus e Ardaña

Martes 23 de outubro do 2007

Os traballos que acomenten nestes días os operarios da brigada de Medio Ambiente carballesa en Rus son os de limpeza e mantemento da área recreativa da antiga escola de Outón e do seu parque infantil e tamén os necesarios para a conservación da fonte-lavadoiro situada en Ramil. Xa na parroquia de Ardaña, as actuacións atinxiron ás fontes-lavadoiro do Pichón, en Noví, e á situada en Esteves.

Estas actuacións, así como outras abordadas nos últimos meses (entre elas o acondicionamento do entorno da férveda de Rus, das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque de Añón ou das beiras das pistas forestais do concello) enmárcanse nun proxecto contínuo de recuperación e posta en valor do patrimonio natural, histórico e etnográfico de Carballo que contempla ademais o incremento dos espazos de ocio dispoñibles para os cidadáns e cidadás.

Compartir: