Inicio Carballo ao día Hemeroteca A brigada de Medio Ambiente aborda a limpeza dos...

AS ALTAS TEMPERATURAS DA FIN DE SEMANA ENCHERON AS PRAIAS DO MUNICIPIO

A brigada de Medio Ambiente aborda a limpeza dos areais carballeses ante a afluencia de visitantes

Martes 16 de outubro do 2007

Continuando cos labores de limpeza reiniciados nos últimos días co acondicionamento do entorno da férveda de Rus, das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque de Añón e das beiras das pistas forestais do concello, unha medida que en parte tamén está relacionada coas boas condicións metereolóxicas das últimas semanas, os operarios da brigada de Medio Ambiente limpan estes días os areais de Razo e Baldaio.

O bo tempo da pasada fin de semana, máis longa do normal por mor da festividade do Pilar, fixo que a xente acudira á praia en maior cantidade da que sería normal para esta época do ano, o que determinou a necesidade de levar a cabo estes traballos de limpeza.

Compartir: