Inicio Carballo ao día Hemeroteca Evencio Ferrero e Jose Antonio Viña...

A NOVA VIA CONTRIBUIRÁ A ELIMINACIÓN DE TRÁFICO PESADO NO CENTRO URBÁN

Evencio Ferrero e Jose Antonio Viña presentaron o proxecto de circunvalación de Carballo

Martes 18 de setembro do 2007

Esta nova infraestrutura pretende ser un novo elemento dinamizador para o Concello de Carballo, pois facilitará a expansión do Polígono Industrial de Bértoa, conseguindo unha mellor comunicación coas parroquias do interior do municipio e logrando a eliminación completa do tráfico pesado no centro urbán.

A vía discurrirá dende unha rotonda que se vai construír en Bértoa e que comunicará co enlace da AG-55 á altura de Montecelo, pasando pola zona este do centro da vila. Neste traxecto enlazará coa estrada de Ordes e coa de Santiago de Compostela, converténdose así nunha vía de circulación completa ao concectar co tramo da AG-55 que xa está facedo de circunvalación para a zona oeste do núcleo urbán.

A proposta da variante remitida pola Consellería de Política Territoria da Xunta de Galicia ten unha lonxitude de 6.406 metros e costará arredor de doce millóns de euros.O estudo informativo xa se atopa en trámite de información públicaCoa publicación, no día de hoxe, da resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas pola que se somete a información pública o o estudo de impacto ambiental desta variante iniciase un período de 39 días hábiles para que todas aquelas persoas que o estimen oportuno poidan formular, por escrito, as observacións que crean convenientes.

Así mesmo, e durante este período, sométese tamén ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental que contén o estudo informativo deste proxecto.

Compartir: