Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para pagar o IBI e o IAE

DO 17 DE SETEMBRO AO 23 DE NOVEMBRO

Aberto o prazo para pagar o IBI e o IAE

Martes 18 de setembro do 2007

O Concello de Carballo abreu onte o prazo de pagamento do Imposto sobre actividades económicas (IAE) e do Imposto sobre bens inmobles (IBI) para todas aquelas persoas que non teñan domiciliados os recibos na súa conta, caso no que recibirán o cargo a partir do 17 de outubro.

Os contribuíntes dispoñen dun prazo para aboar as súas cuotas que rematará o 23 de novembro e deberán facelo acudindo ás novas oficinas de recadación municipal situadas na Rúa Camiño Novo (número 7).

O horario de atención ao público é, de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 16:00 a a 18:00 pola tarde.

Compartir: