Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía valenciana La Pavana e a...

SÚMANSE Á PRESENZA, XA ANUNCIADA, DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

A compañía valenciana La Pavana e a portuguesa Shakespeare Women Company confirman a súa asistencia ao Festival Internacional Outono de Teatro

Martes 18 de setembro do 2007

Ademais da participación, anunciada a semana pasada, do Centro Dramático Galego co espectáculo Noite de Reis a XVI edición do FIOT contará coa presencia da compañía valenciana La Pavana, que porá en escena a súa última e aclamada produción, Bebé. A paternidade e a educación serán os eixos centrais deste divertidísimo espectáculo de humor negro e absurdo, cheo das confusións e hipocresías que cometen uns pais primeirizos que chegarán a confundir a identidade do seu recén nacido.

La Pavana é unha das compañías españolas máis importantes do panoráma escénico español. Desde a data da súa creación, en 1983, os valencianos levan realizadas máis de cinco mil representacións con grande éxito de crítica e sobre todo de público. A organición do FIOT está moi satisfeita coa presencia desta compañía en Carballo, pois foi unha das que sempre se pretendiu que asistira a esta cita co teatro e por diversos motivos non foi posible ata este ano.Tamén teatro lusoNa pasada edición do festival asinouse un convenio de cooperación co Instituto Camoês de Portugal a través do cal a organización do FIOT estableceu unha liña de traballo con esta institución, coa que potenciará a presencia de compañías portuguesas no festival, así como a organización de actividades escénicas e musicais dentro do seu marco.

A compañía que visita Carballo nesta ocasión é a Shakespeare Women Company de Lisboa, que nos presentará o espectáculo Julietta, unha revisión do clásico Romeo e Xulieta de Shakespeare que, baixo un tono moi cómico, analizará a súa situación como muller e amante desde distintos puntos de vista.

A Shakespeare Women Company é unha importante compañía portuguesa que está a colleitar numerosos éxitos por Europa, cun plantexamento de traballo multidisciplinar que se pon de manifesto nas súas postas en escena, diferentes e sorprendentes.

Compartir: